O Senado é, segundo a definición da propia Constitución Española, a Cámara de representación territorial.
Entre as súas funcións encóntrase a intervención na aprobación das leis e na autorización para concluír tratados internacionais, a aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado, o control político ao Goberno, así como a información e o estudo e investigación en cuestións de interese xeral.
Á diferenza do que ocorre no Congreso, o seu número non é fixo. Pode variar á alza ou á baixa ao cambiar o número de habitantes das distintas Comunidades Autónomas.
A variación do número de senadores e senadoras prodúcese ao principio de cada Lexislatura (tras a celebración de eleccións xerais) e tómase como referencia o censo de poboación publicado o 1 de xaneiro do ano no que se celebran as eleccións.
Durante a XV Lexislatura, o número de senadores e senadoras foi de 266, dos cales 208 son electos e electas e 58 de designación propia das Asembleas Lexislativas das Comunidades Autónomas.
Para a vindeira Lexislatura, o número de senadores e senadoras será de 269. Despois da reforma do artigo 69.3 da Constitución, Formentera pasa a ter senador propio (antes compartíao con Ibiza). Ademais, a Comunidade de Madrid e Cataluña teñen cada unha un senador máis en comparación coa lexislatura anterior.
O Senado conta, atendendo á súa procedencia, con dous tipos de senadores ou senadoras
Os 209 elixidos por sufraxio universal, libre, igual directo e secreto da seguinte maneira:
Estes 209 senadores e senadoras serán os que elixiremos o próximo 29 de novembro.
A diferenza do Congreso, no que se vota un partido mediante listas pechadas, no Senado vótase á persoa, ao candidato ou candidata, elixindo 3, 2 ou 1 de entre os que figuren na papeleta única que hai para o Senado e que o votante atopará no seu local electoral.
Ademais, existe outro grupo de senadores e senadoras (na última lexislatura, 58), elixidos polas Asembleas Lexislativas das Comunidades Autónomas: Un por Comunidade Autónoma e outro máis por cada millón de habitantes do seu respectivo territorio, segundo as últimas cifras oficiais de poboación publicadas no BOE.