IMPORTANTE: Identificación persoal para a entrega do voto
Unha vez convocadas as eleccións, e ata o día 19 de novembro, data na que finaliza o prazo para solicitar o voto por correo, poderase acudir a calquera oficina de Correos e solicitar o impreso para votar por correo, ou presentar a solicitude electrónica do voto por correo.
Para presentar a solicitude electrónica(Abrirase unha nova xanela) do voto por correo, pediráselle:
Certificado dixital(Abrirase unha nova xanela) ou DNI electrónico(Abrirase unha nova xanela) e AutoFirma(Abrirase unha nova xanela) (ter a aplicación instalada).
Recoméndase utilizar unha versión de Chrome, Firefox ou Safari de entre as requiridas por AutoFirma, en función do seu sistema operativo (consulte a documentación de instalación que se descarga con AutoFirma).
Impreso de Solicitude de voto por correo (PDF) e Folla informativa (PDF)
Nas Oficinas de Correos, solicitando o impreso para votar, ou descargándoo desde esta páxina. Unha vez cuberto, entregarase persoalmente en calquera oficina de Correos, acreditando a súa identificación perante a persoa da oficina, que así llo requirirá para verificar a súa sinatura, presentando o seu DNI, pasaporte ou carné de conducir (xa que inclúen fotografía do titular e sinatura; en ningún caso fotocopia), “é posible que a identidade do votante estranxeiro sexa acreditada mediante a presentación dun documento oficial expedido polas autoridades españolas ou do Estado de orixe que inclúa a sinatura e a foto do elector e que acredita a súa identidade” (Acordo JEC 7 de abril de 2011).
O prazo de solicitude é desde o 6 de outubro ao 19 de novembro.
Os servizos de Correos remiten a solicitude debidamente cuberta á Oficina do Censo Electoral, que fai a anotación correspondente nas listas do censo. Daquela, a persoa que solicita o voto por correo, unha vez foi admitida a súa solicitude, xa non pode votar presencialmente.
A continuación a Oficina do Censo Electoral envía por correo certificado ao domicilio indicado no impreso de solicitude un sobre coa seguinte documentación:
Esta documentación tamén debe ser recollida pola persoa que o solicitou, previa acreditación da súa identidade. Se non estivese no seu domicilio, terá que ir persoalmente a recollela á Oficina de Correos correspondente.
O elector ou electora deberá seleccionar a súa opción de voto:
Para a elección de Deputados, introducirá a papeleta correspondente á candidatura elixida dentro do sobre de votación de cor branca.
Para a elección de Senadores, marcará o/os candidatos da súa elección atendendo ás instrucións que se recollen na propia papeleta. Despois meterá esta papeleta no sobre de votación de cor sepia.
A continuación, introducirá no sobre dirixido á Mesa electoral o seguinte:
Ten ata o día 25 de novembro para entregar, previa identificación, este sobre na oficina de Correos.
No caso de non poder acudir persoalmente, deberá outorgar unha autorización acompañada dunha fotocopia do DNI, pasaporte ou outro documento oficial de identificación.
Este envío é gratuíto, xa que será o Ministerio do Interior a través do orzamento electoral o que se fará cargo de compensar o operador postal por estes envíos.
Debe terse en conta que non é necesario acudir persoalmente á Oficina de Correos a certificar o sobre de votación, senón que poderá facelo outra persoa no seu nome (Acordo XEC 10 maio 1995).
O Servizo de Correos conservará ata o día da votación toda a correspondencia dirixida ás Mesas electorais e trasladaraa a ditas Mesas ás nove da mañá. Así mesmo, seguirá dando traslado da que poida recibirse en dito día, ata as vinte horas do mesmo. O Servizo de Correos levará un rexistro de toda a documentación recibida, que estará a disposición das Xuntas Electorais.
Os sobres recibidos despois das vinte horas do día fixado para a votación remitiranse á Xunta Electoral de Zona (e destruiranse).
Como novidade, Correos ofrece a posibilidade de a persoa electora recibir a confirmación da entrega do seu voto por correo na Mesa o día da votación, no enderezo de correo electrónico que previamente facilitase para tal fin no momento de presentar o seu voto.
O 29 de novembro, ás 20 horas, unha vez que teña votado o último elector na Mesa electoral, procederase a introducir na urna respectiva os sobres que conteñan as papeletas do voto remitidas por correo.
Para isto, deben seguirse os seguintes pasos: