ARTIGO 17. INFRACCIÓNS E 17 BIS SANCIÓNS
MOI GRAVE:
A superación polos partidos políticos, nun 10% ou máis, dos límites de gastos electorais previstos na Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, sen prexuízo do establecido no artigo 134 desa Lei.
Sanción: Unha multa pecuniaria proporcional do duplo ao quíntuplo do exceso de gasto producido.
GRAVE:
A superación polos partidos políticos, en máis dun 3% e en menos dun 10%, dos límites de gastos electorais previstos na Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, sen prexuízo do establecido no artigo 134 desa Lei.
Sanción: Unha multa pecuniaria proporcional do duplo ao quíntuplo do exceso de gasto producido.
LEVE:
A superación polos partidos políticos, en máis dun 1% e en menos dun 3%, dos límites de gastos electorais previstos na Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, sen prexuízo do establecido no artigo 134 desa Lei.
Sanción: Unha multa pecuniaria proporcional do duplo ao quíntuplo do exceso de gasto producido.